A lírica medieval

Como xa sabedes, este semestre combinaremos aulas sobre literatura coa lectura de artigos xornalísticos e outras actividades.

Aquí tedes a presentación introdutoria, coa delimitación da etiqueta literatura galega e a división en períodos que imos seguir: Historia da Literatura galega

Tamén vos deixo a primeira das presentacións, que trata sobre o contexto no que florece a lírica medieval, a influencia de Provenza e os trazos definitorios das cantigas de amor e de amigo respectivamente: Idade_Media

Para ver os exemplos de cantigas de amigo tratados na aula, preme no seguinte documento: Cantigas_amigo

Texto sobre a emigración 4: Unha noite na eira do trigo

Aquí tedes a composición de Manuel Curros Enríquez que vimos o outro día na aula: Cántigamáis popularmente coñecida como Unha noite na eira do trigo, a pesar de que como podedes ver esa liña non figura no poema senón que foi engadida logo nas versións musicais que se fixeron do texto.

No xardín unha noite sentada
ao refrexo do branco luar
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas dicía,
“xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento
i o lamento
repetía:
“vou morrer e non vén o meu ben!”.

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor
emigrado, camiño de América
vai o pobre, infeliz Amador.

I ao mirar ás xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
“quen puidera dar volta – pensaba-,
quen puidera convosco voar!”.

Mais a aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
solo os ventos
repetían:,
“quen puidera convosco voar!”

Noites craras de aromas e lúa
desde entón que tristeza en vós hai
para os que viron chorar unha nena
para os que viron un barco marchar!

Dun amor celestial verdadeiro
quedou solo de bágoas a proba
unha cova
nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar.

Música:

Versión de  Uxía:  http://www.youtube.com/watch?v=iFfditBb3_E

Versión de Os Tamara e Pucho Boedo: http://www.youtube.com/watch?v=V3BHVj01mGs