O cadáver exquisito é un xogo literario en grupo que consiste en que cada persoa escriba unha frase sen ver a totalidade da frase escrita polo xogador anterior. Foi unha técnica popularizada polos surrealistas nos anos 20 do século pasado. O nome deriva da frase que xurdiu a primeira vez que se xogou: « Le cadavre – exquis – boira – le vin – nouveau » (O cadáver exquisito beberá o viño novo).
Aquí temos unha mostra das alumnas de Galego III:
Onte camiñaba preto do mar e
unha muller chamaba ao neno.
As árbores tocan e o vento canta.
O sol báñame.
As filloas son fermosas.