As cantigas de escarnio e maldicir

Tras as cantigas de amigo e as cantigas de amor, as cantigas de escarnio e maldicir son o terceiro grande grupo da lírica medieval galego-portuguesa.

Neste grupo adoitan incluírse composicións moi variadas que teñen como nexo común unha intención satírica ou paródica.

A través delas podemos coñecer os hábitos da sociedade da época e léxico relacionado cos ámbitos máis básicos da vida: roupa, partes do corpo, profesións…

Dentro desta categoría podemos distinguir distintos grupos, pero o máis común no corpus galego-portugués é o da sátira social, de tipos e costumes, no que se critican profesións, defectos físicos ou a luxuria dalgúns membros da sociedae.

En canto aos recursos, estas cantigas destacan polo emprego da ironía, os disfemismos e ás referencias de carácter sexual.

Preme nas ligazóns para descargar a presentación  do tema, a escolma de textos relacionados e unha nova que trata sobre o centenario do Pergamiño Vindel, un documento único que contén a notación musical de distintas cantigas profanas.

Biblioteca Pierpont Morgan (Nova Iorque), onde se atopa o manuscrito orixinal do pergamiño Vindel

Presentación sobre cantigas de escarnio e maldicir 

Escolma de cantigas de escarnio e maldicir

Centenario do Pergamiño Vindel

 

Base de datos das cantigas medievais galego-portuguesas

O Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa presenta este proxecto dirixido por Graça Videira Lopes que pon a disposición pública a totalidade das composicións medievais galego-portuguesas.

Trátase dunha ferramenta moi útil na que ademais de atopar os textos das cantigas, podedes atopar glosarios, versións musicadas, imaxes dos manuscritos orixinais…

Ondas do mar de Vigo de Martín Codax no Pergamiño Vindel