Unidade 1

Aquí tedes a unidade 1 do manual no que estamos traballando na aula. Nel podedes consultar a información máis importante sobre os contidos destas primeiras semanas: o alfabeto, os artigos, as tres conxugacións do sistema verbal galego en presente de indicativo, o verbo ser/ter, as presentacións e os números.

Preme aquí para ver ou descargar o material: Unidade 1

Tamén tedes algúns documentos de repaso:

año_anos

Xentilicios e numerais cardinais

Ola!

Hoxe vimos o vocabulario necesario para acabar de responder ás preguntas persoais máis básicas:

De onde es? Onde vives? Cantos anos tes? Cal é o teu número de teléfono?

De quen vés sendo

Para iso precisamos coñecer os xentilicios e os números. Aquí vos deixo o material que empregamos na aula cos xentilicios máis comúns e unha listaxe para aprender a formar os números de cero a un millón.

Xentilicios e Os numerais cardinais

Tamén podedes descargar o PowerPoint de xentilicios, que inclúe exemplos dalgunhas das nacionalidades máis coñecidas.

Verbos básicos, colocación dos pronomes e números

Hoxe na aula vimos o verbo ser e o chamarse. Ollo á colocación dos pronomes. Xa sabedes: en galego, por regra xeral, sempre van detrás do verbo (Ex: chámome…). Tamén atoparedes as excepcións máis importantes a este regra, a saber:

1. O pronome colócase antes do verbo en frases introducidas por pronomes interrogativos. Ex: Como se chama?

2. O pronome colócase antes do verbo en frases negativas. Ex: Ela non se chama Ivana. 

3. O pronome colócase antes do verbo en frases subordinadas que veñen introducidas por nexos como que.

Ex: Creo que se chama Marta. 

Por outra banda, no documento tamén figuran os números, máis exercicios de presentación e alfabeto e o verbo vivir e estar. Nos vos preocupedes que habémolo explicar todo na aula.

Documento da aula do 17.10.2013

Aburiño!