O Rexurdimento

Aquí tedes o documento coa teoría sobre o Rexurdimento e os autores máis importantes deste periodo: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.

Preme a continuación nestas ligazóns para ver as escolmas dos textos cos que traballamos na aula.

Tamén podedes comprobar os vosos coñecementos con estes cuestionarios:

rosalia_cuestionario

pondal_verdadeiro_falso

curros

Para rematar, podedes consultar os capítulos do programa da TVG No bico un cantar dedicados a tres poemas imprescindibles do Rexurdimento:

  • Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro:

A música e o Rexurdimento

A relación entre música e literatura foi sempre moi estreita, sobre todo durante o Romanticismo (s. XIX). No Rexurdimento galego tamén temos exemplos desta relación. Un dos poetas máis populares deste período foi sen dúbida Curros Enríquez e esa comuñón entre público e poeta queda perfectamente reflectida na fama que acadou unha das súas primeiras composicións: Cántiga (máis coñecida como Unha noite na eira do trigo). Existen múltiples versións musicadas deste texto que conta a historia dun amor truncado pola emigración.

Neste programa da TVG podedes descubrir máis sobre a historia desta canción, así como escoitar distintas versións.

Unha das versións máis populares do poema de Curros foi a reinterpretación pop dos Tamara, que atoparedes no seguinte vídeo:

Falando de música e Rexurdimento, non podía faltar Rosalía. Aquí tedes outro episodio de No bico un cantar, esta vez dedicado ao poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro. Como podedes ver, este tema tamén xira en torno á emigración, un dos principais problemas sociais que padeceu Galicia no século XIX. Ao mesmo tempo, tamén hai referencias á explotación e á falta de terras propias para traballar por parte dos labregos (lembrade que neste tempo Galicia aínda sufría o réxime dos foros).

Para rematar imos escoitar unha versión moi peculiar do poema Que ten o mozo? (tamén incluído en Cantares Gallegos) interpretado por Leo i arremecághona. Neste caso, a melodía foi tomada doutra canción. Pois como ben dice Leo, Rosalía foi unha das primeiras en comparar as condicións que padecían os escravos negros coas que tiñan que soportar os labregos galegos: Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros.