Ola!
Hoxe vimos o vocabulario necesario para acabar de responder ás preguntas persoais máis básicas:
De onde es? Onde vives? Cantos anos tes? Cal é o teu número de teléfono?
Para iso precisamos coñecer os xentilicios e os números. Aquí vos deixo o material que empregamos na aula cos xentilicios máis comúns e unha listaxe para aprender a formar os números de cero a un millón.
Xentilicios e Os numerais cardinais
Tamén podedes descargar o PowerPoint de xentilicios, que inclúe exemplos dalgunhas das nacionalidades máis coñecidas.