Mulleres galegas

Volvemos ao traballo con esta presentación sobre mulleres galegas que pasaron á Historia por distintos motivos: viaxeiras, escritoras, pintoras, deportistas…

Premede aquí para vela e non esquezades preparar unha presentación propia para expoñer a vindeira semana.

contextualizacion_mulleres        Exeria

Mulleres galegas na Historia

Con motivo da celebración do día da muller o pasado sábado, esta semana traballamos na aula con distintos materiais relacionados coas mulleres na Historia.

Primeiro podedes descargar esta presentación que fai un percorrido por personaxes femininas que desempeñaron un papel importante en distintos períodos históricos: a soldadeira María Balteira, a almirante Isabel Barreto, a penalista Concepción Arenal, a pintora Maruxa Mallo…e outras non tan coñecidas como a futbolista Irene ou a xornalista Sofía Casanova: Mulleres

nosoutras podemos

Tamén tedes dous textos. Un pequeno texto informativo sobre Exeria, a intrépida viaxeira da Idade Antiga e un artigo de Manuel Rivas sobre Elisa e Marcela, unha parella de mozas lesbianas que tivo que facer fronte á sociedade reaccionaria e maliciosa de comezos do século XX.

Exeriaelisa-y-marcela_300-1928   

Finalmente, tamén vos deixo a ligazón a un documental de Antón Reixa que analiza a figura de Maruxa Mallo.