Nesta entrada podedes ver e descargar todo o material co que estamos traballando na aula para poñer en práctica o tempo de presente de subxuntivo. Se precisas saber máis sobre a teoría, podes atopar información aquí.
modos
Presente de subxuntivo
En galego existen tres modos verbais: o indicativo, o imperativo e o subxuntivo. Destes, xa coñecemos ben a fondo os dous primeiros, así que agora nos imos centrar no modo de subxuntivo. Antes de nada, cómpre aclarar a oposición que existe entre indicativo e subxuntivo mediante os conceptos de aserción/non aserción. Para ler máis sobre isto, preme nesta ligazón.
Aparte disto, como xa vimos na aula, hai unha serie de intencións comunicativas e conectores que adoitan esixir a presenza do subxuntivo.