Made in Galiza

Lembrade que tedes ata o 31 de maio para entregar o traballo sobre o libro Made in Galiza, a lectura obrigatoria de Galego IV. Aquí podedes desacargar a guía de lectura coas actividades correspondentes. Tamén vos deixo o documental Linguas Cruzadas, que teredes que ver para responder a algunhas das preguntas da guía.

2dfbe-made-in-galiza

Programa de avaliación de Galego V

Na seguinte ligazón podedes atopar unha explicación máis detallada do método de avaliación para a materia de Galego V. Lembrade que na avaliación continua é obrigatoria a entrega de tres redaccións (unha de tipo descritivo, outra narrativa e finalmente unha argumentativa), unha exposición oral (probablemente versará sobre receitas de cociña, por suxerencia vosa) e unha recensión sobre a obra Made in Galiza de Séchu Sende. Podedes atopar as datas exactas da entrega de traballos neste documento.

Sistema de avaliación Galego V

P.D. O libro de lectura está dispoñible na biblioteca.