- Preme nesta presetanción para ver léxico sobre electrodomésticos, mobles e tipos de vivenda: A miña casa
lugar
Adverbios de lugar
Para dar indicacións sobre como chegar a un lugar ou enderezo cómpre coñecer os adverbios de lugar. Tamén poden servir para describir un cuarto ou unha fotografía. Por exemplo: Hai unha cama á esquerda da mesa, entre a butaca e a fiestra.
Lembrade que para a falar da localización empregamos os verbos haber e estar pero NON o ser. Exemplos:
1. Hai un oso de peluche enriba da cama.
2. O oso de peluche está enriba da cama.
3. O oso de peluche é enriba da cama.
Aquí tedes unha imaxe que recolle estes adverbios e algúns exercicios para empregalos.