O último dos temas antes do exame corresponde ao léxico da alimentación e as situacións comunicativas relacionadas con el, como poden ser: pedir nun restaurante, ir ao supermercado, preguntar canto custa, expresar unidades…
Imos con un pouco de atraso pero como di o refrán: máis vale tarde que nunca, así que por fin comparto convosco os materias do Magosto para este ano 2014,
Amais das fichas con exercicios, deixo tres presentacións:
Aquí vai algo do material de aulas pasadas: as expresións con animais cos seus correspondentes exercicios e algo para non esquecer as comparativas.
LEMBRADE: sempre podemos empregar os elementos que/como para comparar, agás cando o termo comparado é un pronome persoal (min, ti, ela…). Neses casos, cómpre empregar ca/coma.
Ex: Come comoun porco. Ou tamén: Come comaun porco.
Ex: É máis alto queunha xirafa. É máis alto caunha xirafa.
Nestes dous exemplos o elemento que se compora non é un pronome persoal, polo tanto ambas as opcións son válidas.
Agora, fixádevos nestes outros exemplos nos que só podemos empregar ca/coma, por que aparecen pronomes persoais.
Para aprender as partes do corpo, aquí tedes este artigo sobre exercicios para relaxarse na oficina.
Como podedes ver, menciónanse distintas partes: xeonllos, pernas, cabeza, mans, pés, cóbados… Tamén vos deixo logo un pequeno debuxo para completar e un cadro cos distintos usos cos que podemos empregar o imperativo, que tamén aparece no texto.
Por outra banda, tralo exercicio de hoxe sobre empresas galegas, deixo aquí dúas fotografías: unha de figuras de porcelana de Sargadelos e outra de pezas de roupa de Bimba y Lola.
Aquí vos deixo tamén unha fotografía na que podedes apreciar algúns dos petiscos que se mencionan: unha ración de pementos, outra de zorza, que consiste en carne de porco picada e ben adubada, e unha cervexa ben fresquiña, por suposto: Estrella Galicia.
Comezamos un tema novo falando de comida e de hábitos e gustos alimentarios. Aquí podedes consultar as fichas que vimos na aula.
Na primeira imaxe podedes ler a carta dun restaurante na que se ofrecen pratos típicos de Galicia como caldo, polbo á feira, xoubas con cachelos ou torta de queixo.
Esta segunda imaxe recolle distintos diálogos que poden servirnos para falar dos nosos gustos. Por exemplo:
– Gústache a comida picante?
– A min si.
– Que ben, a min tamén!
Tamén se recolle nesa imaxe o uso dos pronomes, que xa sabedes que en galego van por norma xeral detrás do verbo, pero que con oracións negativas van antes del. Por exemplo:
– Comes algas?
– Si, cómoas. E ti comes algas?
– Non, eu non as como.
Finalmente, na terceira imaxe, tedes un resumo das regras de formación de plural e un exercicio para aplicalas.
De propina unha canción de Miguel Costas e Aerolíneas Federales que tamén fala dun alimento, nesto caso, o xamón.
No seguinte documento podedes consultar a letra: Quero_xamón
Para describir a vosa casa ideal, cómpre saber algún léxico específico sobre os tipos de vivenda (chalé, piso, estudio…), as partes dunha casa (tellado, parede, teito…) e os cuartos que a forman (salón, comedor…).
Ademais, para facer unha descrición verdadeiramente completa, non podemos esquecernos dos mobles e os electrodomésticos que hai nas casas.
Aquí tedes unha presentación e unha imaxe con vocabulario que vos pode ser de axuda: A miña casa.
Para falar das horas, dos días, das semanas, dos meses e dos anos, necesitamos coñecer certas expresións de tempo.
Ex: Que hora é? En que mes se celebra o Magosto? En que ano naciches? Que día da semana é o exame? A que hora pecha a biblioteca? Cando anoitece en Zadar?
Neste PowerPoint poderedes atopar o vocabulario máis frecuente relacionado co tempo, os horarios, as estacións e as partes do día: O tempo.
Aquí embaixo tamén vos deixo dous exercicios relacionados.
E de propina un vídeo do programa Bem Falado sobre a orixe dos nomes dos meses en galego: