Lendas urbanas (Urbana Legenda)

Unha lenda urbana é unha historia incrible que circula entre a xente, que se narra de distintos xeitos e que se adoita tomar como certa, aínda que non haxa probas de que sexa verdade (a pesar de que existe a posibilidade de que estea baseada nun feito real). En moitos casos, estas lendas acadan difusión internacional, polo que é posible que distintos países compartan as mesmas historias, por exemplo, a lenda da rapaza que se aparece nun curva da estrada onde perdera a vida ou esoutra que di que os restaurantes chineses serven carne de can.

Aquí podedes atopar algunhas lendas urbanas en galego. Lembrade ademais que o día 6 de novembro tedes que entregar a vosa primeira redacción para avaliar, que consistirá nunha lenda urbana (existente ou inventada por vós) cunha extensión de entre 250-500 palabras e un interliñado de 1,5.

 

Está ou non está Walt Disney crioxenizado?

Walt_disney