O antepretérito é o último dos tempos de indicativo que imos ver.
Caracterízase polas seguintes terminacións:
- – AR: -ara, -aras, -ara, -aramos, -arades, -aran.
- -ER: -era, -eras, -era, -eramos, -erades, -eran.
- -IR, -ira, -iras, -ira, -iramos, -irades, -iran.
Este tempo emprégase para falar de acontecementos que tiveron lugar antes do pretérito.
Por exemplo: Cando cheguei (pretérito) á estación, o tren xa marchara (antepretérito). Neste caso imaxinemos que nós chegamos á estación ás 12 e o tren saíu ás 11.