As rutinas

Para falar das accións que realizamos cada día, é preciso coñecer certos verbos e conectores. Ademais, podemos concretar esa información engadindo as horas ou os días da semana.

Aquí tedes materiais que vos poden axudar para falar das vosas rutinas.

Horas_reloxosvida_diaria

 

un_dia_normal

Un día normal

Déixovos aquí o material que estivemos vendo estes días na aula sobre o presente de indicativo e como empregalo para falar do que facemos na nosa vida diaria: érgome ás sete, maquíllome, vístome, lavo os dentes

Un_dia_normal

Lembrade que existen unha serie de marcadores para expresar as secuencia de accións: Primeiro almorzo café e torradas, logo dúchome, despois vístome e finalmente saio ao traballo a toda présa. 

Horarios_presente

De propina unha canción, que aínda que estea en castelán, acáelle moi ben a esta lección. Podedes consultar a letra neste arquivo: Un buen día.

O tempo

Para falar das horas, dos días, das semanas, dos meses e dos anos, necesitamos coñecer certas expresións de tempo.

Ex: Que hora é? En que mes se celebra o Magosto? En que ano naciches? Que día da semana é o exame? A que hora pecha a biblioteca? Cando anoitece en Zadar?

Neste PowerPoint poderedes atopar o vocabulario máis frecuente relacionado co tempo, os horarios, as estacións e as partes do día: O tempo.

Aquí embaixo tamén vos deixo dous exercicios relacionados.

Horas_reloxosHorario_partes_dia

E de propina un vídeo do programa Bem Falado sobre a orixe dos nomes dos meses en galego: