gustos
Partículas interrogativas, gustos e máis información básica
Nestas ligazóns podedes descargar máis material sobre como pedir e dar información básica: que vos gusta facer,
Audio: presentacións
Aquí tedes tres arquivos de audio no que tres rapazas van presentarse e describir as súas afeccións. Na imaxe tedes o resto da información, un exercicio para unir cada descrición coa fotografía que corresponda e un exercicio para expresar a vosa opinión sobre a súa personalidade.
Audio:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio8.wma
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio9.wma
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio10.wma
Describir unha persoa
Para a redacción que teredes que entregar a próxima semana seravos útil o léxico relacionado coa descrición dunha persoa, ben sexa para describir o aspecto físico ou a personalidade e os gustos.
Aquí tedes dos PowerPoints que recollen ese vocabulario: O aspecto físico e A personalidade.
Tamén vos deixo o exercicio que fixemos sobre os anuncios de buscar parella. Son dous bos exemplos de descricións.
Vocabulario sobre profesións e afeccións
Aquí tedes dous PowerPoints con vocabulario útil para falar do que vos gusta e explicar a que vos dedicades.
Xa sabedes as preguntas: Que fas?//En que traballas?//A que te dedicas?//Cal é a túa profesión?//Cal é o teu traballo?
E para os gustos e as afeccións: Que che gusta?//Que non aturas?//Que odias?
Tamén poderedes descargar aquí (Gustar e exercicios repaso) material para lembrar o que vimos ata o de agora e unha explicación do verbo gustar.
Vexamos un caso práctico: A que se dedica este home?
Deportista? Non creo… Exacto! É informático.