As cantigas de amor

Se xa sabemos distinguir entre unha alborada, unha bailada ou unha mariña, agora é a quenda das cantigas de amor. Se as cantigas de amigo eran composicións postas en boca dunha muller que se laiaba pola ausencia do seu amigo ou namorado, neste tipo de cantigas a voz poética recae sobre un home que na maioría dos casos se queixa polo amor non correspondido do seu señor (senhor) ou dama. Para saber máis sobre as características das cantigas de amor, preme nesta presentación.

Deixo aquí unha escolma de cantigas e distintos exercicios para traballar sobre este tema.

 

As cantigas de amigo

A pesar de que xa tedes outras presentacións máis completas sobre o tema, deixo aquí este documeto complementario sobre as cantigas de amigo, que recolle a información máis básica dun xeito esquematizado: emisor, tipos, personaxes, temas, símbolos…

Tamén subo unha pequena presentación cos subxéneros máis comúns (mariñas, bailadas, de romaría, alboradas), os recursos formais máis habituais: refráns, paralelismos, leixapréns… e unha pequena escolma de cantigas de amigo.

Aquí deixo tamén o documento coa cantiga de Nuno Fernandes Torneol (Levad’, amigo que dormide’las manhanas frías) que presenta unhas características moi especiais.

Os trobadores do Reino de Galicia

Aquí tedes máis material sobre tres figuras fundamentais da lírica galega medieval: Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño.

Como xa sabedes, a estes tres xograres/trobadores dedicouselle o Día das Letras Galegas en 1998.  Por aquel entón, a mítica revista Golfiño publicaba este completo artigo no que ademais de datos biográficos atopamos as súas cantigas.

Trátase sempre de cantigas de amigo, un tipo de composición breve na que a voz poética é unha muller namorada que se dirixe ao seu amigo, habitualmente ausente nese momento. Ademais, os autores comparten orixe. Probablemente os tres proceden do entorno da ría de Vigo: Johan ou Xoán de Cangas da zona do Morrazo, Mendiño (tamén Meendihno) de Redondela ou Vigo e Martín Codax de Vigo, polas numerosas referencias á cidade nas súas composicións.

martincodax050314

A lírica medieval

Como xa sabedes, este semestre combinaremos aulas sobre literatura coa lectura de artigos xornalísticos e outras actividades.

Aquí tedes a presentación introdutoria, coa delimitación da etiqueta literatura galega e a división en períodos que imos seguir: Historia da Literatura galega

Tamén vos deixo a primeira das presentacións, que trata sobre o contexto no que florece a lírica medieval, a influencia de Provenza e os trazos definitorios das cantigas de amor e de amigo respectivamente: Idade_Media

Para ver os exemplos de cantigas de amigo tratados na aula, preme no seguinte documento: Cantigas_amigo