Como cada ano por estas épocas, Zadar énchese de turistas, pero viaxar xa non é o que era.
Le este texto e responde ao cuestionario para descubrir máis sobre como está cambiando o fenómeno do turismo.
Ola rapazas! Aquí vos vai o texto que limos o outro día sobre a multinacional galega Inditex, que ten sede en Arteixo (A Coruña). Preme na imaxe para facela máis grande.
Tamén vos deixo algúns exercicios de repaso sobre a colocación dos pronomes átonos: Pronomes
Agora que xa sabemos como se colocan os pronomes átonos e que dependendo da función que cumpran haberá que empregar unha forma ou outra (o/a/os/as para CD e lle/lles para CI), imos ver as súas variacións.
O primeiro é saber que só os pronomes de terceira persoa en función de complemento directo (acusativo) poden presentar variacións. Polo tanto, só o/a/os/as presentan estas alternancias: lo/la/los/las e no/na/nos/nas.
Preme na imaxe para ver a teoría cos exemplos correspondentes:
Os pronomes son aquelas palabras que empregamos para evitar a repetición dun nome.
Ex: Tomo vitaminas todos os días —-> Tómoas todos os días
Neste caso empregamos o pronome as para substituír un nome feminino plural (vitaminas). Como xa sabedes, por regra xeral, en galego o pronome vai unido ao verbo e posposto a el.
Aquí tedes unha táboa na que se recollen os distintos pronomes persoais átonos.
Como podedes ver (na terceira persoa, tanto de singular como de plural) atopamos dúas formas distintas dependendo da función que desempeñaba o nome substituído na frase orixinal.
Así, se queremos substituír un nome que funciona como complemento directo (acusativo) teremos que empregar o/a/os/as.
Ex: Merca o xarope na farmacia —-> Mércao na farmacia.
Pola súa banda, se o nome funciona como complemento indirecto (dativo), teremos que empregar lle/lles.
Ex: Enviei unha carta a miña nai —-> Envieille unha carta.
Neste caso vemos que o sintagma nominal substituído desempeñaba a función de complemento indirecto (a quen?).
Fixádevos que moitas veces nunha oración imos atopar CD e CI e polo tanto podemos substituír máis dun nome ou sintagma.
Ex: Engade azucre ás filloas —–> Engádeo ás filloas//Engádelles azucre.
E para rematar, déixovos aquí un documento con exercicios de ortografía (acentuación, b/v, h…) e un pequeno texto para reflectir sobre o uso dos pronomes: Exercicios_ortografía_imperativo_pronomes
Aquí podedes consultar o novo sistema de avaliación para Galego II: Sistema_avaliacion_Galego_II
Lembrade que é obrigatoria a asistencia ás aulas e a entrega dos exercicios marcados no programa.
A proba final (que conta un 60% da nota final) terá lugar o día 12 de xuño e haberá que entregar a recensión sobre a novela Peaxes (de Santiago Lopo) o día 10 do mesmo mes.
Calendario de tarefas: