Describir é representar lugares, obxectos, persoas…con palabras. Podemos dicir que describir é pintar con palabras.
Existen distintos tipos de descrición segundo o punto de vista do emisor (obxectiva ou subxectiva), segundo a realidade que se describe (obxectos, lugares reais, lugares imaxinarios, os trazos físicos dunha persoa, a súa personalidade…).
En calquera caso, este tipos de texto destacan polo uso de adxectivos e nomes e pola presenza de verbos copulativos no canto dos verbos de acción que atopabamos nos textos narrativos.
Para aprender máis sobre os textos descritivos, preme aquí para ver a presentación.
Aquí tamén vos deixo outros materiais cos que traballamos estes días:




