Aquí podes consultar e descargar os materiais sobre o futuro. Lembra, que existen distintos xeitos de expresar futuridade:
a. Presente do verbo Ir + infinitivo: Este verán ides traballar nun restaurante. Vou mercar un coche novo.
b. Presente do verbo Haber + infinitivo: Hei preparar unha torta para o seu aniversario. Has aprobar a materia.
Unha postal é unha cartolina de forma rectangular que se envía por correo, e que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo, e na outra, espazo para escribir. Normalmente, cando enviamos unha postal empregamos o pasado: por unha banda, o pretérito contando o que fixemos e pola outra o copretérito para describir as circunstancias. Ao mesmo tempo, tamén podemos empregar o futuro para contar os nosos plans máis inmediatos. Como aínda non sabemos como construír o futuro, podemos empregar unha perífrase verbal: ir + infinitivo.
Ex: Onte chegamos a Zadar pola tarde. Facía moito sol e había moita xente nas rúas. Fomos á praia e comimos xeados. Mañá imos coller o autobús para Split e alí imos visitar as ruínas do palacio.
Aquí tedes algúns exemplos máis.
Seguimos a traballar cos tempos verbais. Hoxe estivemos a falar do futuro que lle espera ao noso planeta: contaminación, desigualdade social, pobreza, fame, discriminación, desemprego… Como ben sabedes, moitos son os motivos que auguran un futuro incerto.
Aquí tedes un texto que afonda na problemática da explosión demográfica e nas súas posibles solucións.
Para indicar que unha acción se vai realizar no futuro podemos empregar principalmente o futuro de indicativo ou ben as perífrases verbais de futuridade: haber + infinitivo e ir + infinitivo.
Exemplos: Nadarei todos os días media hora.//Hei comer máis froitas.//Vou beber moita agua.
O futuro fórmase normalmente engadindo as terminacións: -ei, -ás, -á, -emos, -edes, -án.
Para máis información e exercicios, preme nas imaxes: