Concurso de microrrelatos

O Centro de Estudos Galegos de Oxford convoca un concurso de microrrelatos no que poderá participar calquera alumno de galego das distintas universidades que contan cun centro que imparta esta materia.

Cómpre que o relato sexa inédito e orixinal e a súa extensión non debe superar as 270 palabras (título incluído)

O prazo de presentación remata o 1 de maio. Se estades interesadas, aquí tedes máis información:

Concurso

Dicionarios e recursos en liña

Déixovos unha listaxe con dicionarios e outros recursos en liña que vos poden resultar moi útiles para escribir correctamente en galego:

O Portal das palabras: http://www.portaldaspalabras.org/

Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

Dicionario de dicionarios: http://sli.uvigo.es/DdD/

Dicionario inglés-galego: http://sli.uvigo.es/dicionario/clig.html

Dicionario italiano-galego: http://www.cirp.es/pub/docs/varios/dicItaGal.pdf

Dicionario Estraviz: http://www.estraviz.org/

Dicionario de pronuncia: http://ilg.usc.es/pronuncia/

O CLUVI, Corpus lingüístico da Universidade de Vigo: http://sli.uvigo.es/CLUVI/

Nesta ligazón poderedes atopar outros recursos terminolóxicos máis específicos.