Máis textos xornalísticos

O outro día viamos na aula que os textos xornalísticos conforman unha tipoloxía textual moi diversa.

Tras ver exemplos de novas, crónicas e reportaxes, agora é a quenda das entrevistas, os artigos de opinión, as recensións e mailas cartas ao director.

  • Entrevista: texto en que aparecen as respostas que unha persoa dá ás preguntas dun xornalista nunha conversa. Por suposto, non só hai entrevistas na prensa escrita senón que podemos atopar entrevistas radiofónicas ou televisas. Aquí temos algúns exemplos:

entrevista    * Para saber máis sobre Voces Ceibes preme aquí e para escoitar unha mostra de canción protesta en galego aquí.

  • Artigo de opinión: texto no que o autor (normalmente alguén recoñecido) expresa e argumenta a súa opinión sobre un tema en concreto. Nestes casos, a temática pode ser moi diversa, tratando temas de actualidade ou do interese persoal do autor. Trátase de textos parcialmente subxectivos e moi libres en canto á linguaxe e á estrutura.

A continuación podes consultar dous exemplos tirados da columna de Miguel Anxo Murado no xornal La Voz de Galicia.

artigo_opinion  artigo_opinion

  • Recensión: texto no que se fai unha análise dunha obra de recente publicación. Aínda que tradicionalmente o concepto de recensión estaba unido ao mundo da literatura, hoxe en día podemos atopar recensións ou críticas de álbums de música, restaurantes, filmes e…mesmo aplicacións para o móbil!

rencesion

  • Carta ao director: texto argumentativo no que os lectores manifesta a súa opinión sobre diversos temas. Adoitan ser informais e breves. Aquí tedes un exemplo:

carta_director

Proxecto Fiestra Aberta

Xa podemos desfrutar dos resultados do proxecto Fiestra Aberta no que alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía de Arteixo conversan con estudantes de galego de distintas partes do mundo.

Aquí temos a entrega coas estudantes croatas na Universidade de Zadar.

Premede nesta ligazón para descubrir máis vídeos.