Antes de comezar un novo tempo verbal, cómpre repasar unha vez máis algúns dos usos máis comúns do modo imperativo. Aquí vos deixo algún dos materiais que vimos na aula.
consellos
Na consulta médica
Nas últimas semanas estivemos traballando co léxico sobre o corpo, as doenzas e os medicamentos que podemos empregar para remedialas.
Ademais, tamén aprendimos como empregar o modo imperativo en afirmativo para as persoas ti /vós e vostede/vostedes, así como a dar consellos de distintos xeitos.
Aquí tedes o material que empregamos na aula. Non esquezades que o vindeiro xoves teremos unha proba de comprensión oral relacionada con estos temas e máis unha proba de expresión oral, na que teredes que recrear unha situación comunicativa na consulta médica.
Dar consellos
Emprega o imperativo para dar máis consellos a estas persoas:
- Como podo facerme rico?
- Como podo recibir un ascenso?
- Como podo atopar o amor?
- Como podo ser máis feliz?
- Como podo aprender unha lingua estranxeira?
Lembra que o imperativo (para ti/vós) se constrúe a partir do presente de indicativo eliminando o -s final das segundas persoas. Exemplo:
PRESENTE DE INDICATIVO
Eu traballo
P2. Ti traballas = Traballa (IMPERATIVO)
El/ela traballa
Nós traballamos
P2. Vós traballades = Traballade (IMPERATIVO)
Eles/elan traballan
O pospretérito
Recensión (ou reseña)
A recensión é un tipo de artigo no que se fai unha análise crítica dunha obra de recente publicación. Trátase pois dun texto que mestura as formas típicas dos textos expositivos cunha parte de argumentación. Ás veces tamén ides atopar a forma reseña* para facer referencia a este tipo de escritos; non obstante, esta palabra non figura no VOLGa, o vocabulario ortográfico da Real Academia Galega, polo tanto o máis correcto é falar de recensión.
Aquí vos deixo dous exemplos de recensión, un en galego (sobre a novela Liberdade de Jonathan Franzen) e outro en castelán (sobre a novela negra Cogan’s Trade, de George V. Higgins), que imos traducir na aula.
Tamén deixo aquí a presentación que vimos hoxe sobre erros e consellos para o traballo sobre a lectura obrigatoria de Made in Galiza: Erros_consellos
Como facer unha presentación oral de calidade
Ante a inminente presentación oral dos vosos traballos, paréceme boa idea compartir convosco estes consellos para elaborar presentacións e expoñelas eficazmente.
Nesta primeira ligazón, pertencente ao Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, atoparedes consellos sobre como planificar, deseñar, redactar e expoñer con correción. Ademais, ofrecen modelos que vos permitirán axilizar o traballo.
Esta segunda páxina, realizada por Pilar Ponte Patiño, ofrece tamén directrices sobre como planificar actos orais e recolle unha serie de consellos moi prácticos, como por exemplo, que cores evitar na tipografía ou que fonte resulta máis apropiada.
Espero que vos sirvan e, sobre todo, que ensaiedes moito.