- Os textos argumentativos
- Unidade sobre a argumentación: definición, estrutura, tipos de argumentos
Conectores
Os pronomes átonos de CD e os conectores
Normalmente cando falamos de pronomes pensamos en: eu, ti, ela, nós… Este tipo de palabras son pronomes persoais tónicos, iso quere dicir que poden funcionar como suxeito. Ex: Nós aprendemos galego.
Pero tamén existe outro tipo de pronomes, os átonos, que poden ter a función de complemento directo ou indirecto.
Neste caso, imos traballar cos pronomes átonos de complemento directo. Ex: Como unha mazá = Cómoa.
Fixádevos, ademais, que hai que lembrar as regras básicas de colocación de pronomes para saber se vai diante ou detrás do verbo.
Nas seguintes ligazóns tedes a teoría e algúns exercicios vistos na aula:
- Os pronomes de complemento directo (teoría)
- Exercicios de pronomes de CD
- Exercicios de: tiles, ortografia e pronomes
Tamén vos deixo aquí algún exercicio máis, no que tamén se introduce o tema dos conectores.
Textos argumentativos
Como xa sabedes, este semestre está dedicado á tipoloxía textual. Imos centrarnos básicamente en catro grandes bloques:
- Os textos narrativos
- Os textos descritivos
- Os textos argumentativos
- Os textos expositivos
Xa vimos os dous primeiros (premede nas ligazóns para consultar as entradas correspondentes), así que agora é a quenda dos argumentativos, que son aqueles que pretenden demostrar ou defender unha idea.

A argumentación, unha ferramenta moi poderosa
Neste materiais poderedes atopar máis información sobre eles, así como sobre tipos de conectores, exercicios…
Pronomes de CD e conectores
Aquí tedes algo máis sobre a teoría dos pronomes en función de CD.
Xa sabedes que as formas habituais sería o/a/os/as, pero que existen algunhas excepcións que fan que estas se transformen en:
– no/na/nos/nas: cando a palabra remata en ditongo. Ex: Merquei o vestido en Zara//Merqueino.
– lo/la/los/las: cando a palabra remata en -s ou -r. Ex: Fixemos o exame o martes pola tarde//Fixémolo.
Por outra banda, na imaxe da dereita podedes atopar máis información sobre os conectores básicos do galego.
Preme na imaxe para ver os exercicios correspondentes.
Comparativas e conectores
Como sabedes, este vindeiro martes hai que entregar a primeira redacción obrigatoria do semestre: A vida no campo fronte a vida na cidade.
Para facer unha redacción deste tipo é moi importante coñecer os conectores, esas palabras que serven para cohesionar o texto, e mais as estruturas comparativas, para contrastar información sobre dous elementos diferentes.
Premede nas imaxes para ler máis información e ver exemplos.
Tamén tedes aquí un documento con máis exercicios de comparativas.