Engurras

A vindeira semana terá lugar o ciclo de cine iberorrománico da Universidade de Zádar. Como podedes ver no cartel, o filme que se proxectará en galego será Engurras (Ignacio Ferreras, 2011) o martes 15 ás seis da tarde na aula 202.

CIKLUS FILMOVA (2)

Aquí tedes tamén a guía didáctica para reflectir sobre algúns dos aspectos do filme e traballar un pouco máis coa lingua. Poderase entregar ata o día 12 de xaneiro.

As recensións ou críticas

Ademais dos textos argumentativos, narrativos, descritivos e expositivos, imos ver un tipo máis de escrito: a recensión ou crítica, que é un tipo de artigo no que damos a nosa opinión sobre un libro, unha película, unha obra de teatro, un álbum de música… Trátase dun tipo de texto no que atopamos características propias dos expositivos mesturados con trazos dos textos argumentativos, por exemplo, cando indicamos por que unha película é boa ou mala.

rencesion

Estes son audios que fan falta para responder ao último exercicio: Conversa 1, 2 e 3.

Ciclo de cine en galego

Como xa fun anunciando estes días nas aulas, neste mes de decembro celebrarase un ciclo de cine en lingua galega. Durante todos os xoves lectivos deste mes, proxectaranse unha curta e un filme relacionados con Galicia ou en lingua galega. Comezamos o xoves 5 de decembro coa curta Anacos de Xacio Baño e o filme Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar. A proxección terá lugar no DHM ás 6 da tarde. Estades todos convidados. Haberá flocos de millo (a.k.a. kokice).

Aquí vos deixo o cartel do evento e máis o tráiler da curta e da película deste vindeiro xoves.

Cartel_cine