O Xabarín e o rock bravú

As series de televisión, sobre todo as anglosaxoas, viven dende hai unha década unha época de gloria. Tamén houbo un momento no que en Galicia contabamos cunha televisión de calidade, no que se podían desfrutar de historias de por aí fóra faladas coma na casa.

A TVG foi unha ferramenta importantísima para a normalización lingüística, especialmente o Xabarín, ese programa pensado para a mocidade que non só funcionou como plataforma de difusión para a lingua galega senón tamén para o rock bravú.

Aquí tedes diversos materiais para afondar neste tema:

  1. A presentación sobre música galega de Daniel, o noso convidado das Xornadas: A tralla e a metralla. A música galega dende o Rock Bravú ata os nosos días 
  2.  Unha reportaxe emitida na televisión sobre a Xeración Xabarín
  3. Breve texto sobre o Xabarín
  4. A páxina web de A Regueifa, onde poderás atopar e descargar música en galego de distintos xéneros

VIII Xornadas de Linguas Iberorrománicas

A vindeira semana, do 5 ao 9 de maio, celébrase a oitava edición das Xornadas de Linguas Iberorrománicas na Universidade de Zadar. Como xa sabedes, contaremos con distintos convidados das linguas que se ensinan no no noso departamento: galego, catalán, portugués e español. Pola banda de galego, contaremos con María Magdalena Vila Barbosa para falar sobre a situación da literatura galega nos países lusófonos e Daniel Barbero Patiño para afondar no rock bravú.

 

xornadas_corrixido