Programa da materia

Ola a todas! Aquí podedes descargar o programa da materia de Galego V para o ano 2014/2015.

Como podedes ver, é obrigatorio asistir e participar na aula. Ademais, haberá unha serie de exercicios e unha proba final das que se tirará a vosa puntuación final. Esa proba realizarase o 27 de xaneiro no horario de aulas habitual.

Lembrade tamén que para este semestre hai un libro de lectura obrigatoria: O club da calceta de María Reimóndez.

Programa de avaliación de Galego V

Na seguinte ligazón podedes atopar unha explicación máis detallada do método de avaliación para a materia de Galego V. Lembrade que na avaliación continua é obrigatoria a entrega de tres redaccións (unha de tipo descritivo, outra narrativa e finalmente unha argumentativa), unha exposición oral (probablemente versará sobre receitas de cociña, por suxerencia vosa) e unha recensión sobre a obra Made in Galiza de Séchu Sende. Podedes atopar as datas exactas da entrega de traballos neste documento.

Sistema de avaliación Galego V

P.D. O libro de lectura está dispoñible na biblioteca.