Unidade 1

Aquí tedes a unidade 1 do manual no que estamos traballando na aula. Nel podedes consultar a información máis importante sobre os contidos destas primeiras semanas: o alfabeto, os artigos, as tres conxugacións do sistema verbal galego en presente de indicativo, o verbo ser/ter, as presentacións e os números.

Preme aquí para ver ou descargar o material: Unidade 1

Tamén tedes algúns documentos de repaso:

año_anos

Talan un carballo de 300 anos no Camiño de Santiago

A pasada semana foi talado en Galicia un carballo moi especial por culpa dos operarios dunha compañía eléctrica.

A árbore, que tiña máis de 300 anos de antigüidade e estaba situada nun punto estratéxico do Camiño de Santiago, sufriu durante o verán unha poda excesiva que fixo que o carballo finalmente secara e tivera que ser talado estes días.

Preme na ligazón para ler o artigo sobre esta nova e os exercicios de lingua correspondentes: A poda de Fenosa.

O carballo sempre tivo un valor mitolóxico para o pobo galego

Mulleres galegas na Historia

Con motivo da celebración do día da muller o pasado sábado, esta semana traballamos na aula con distintos materiais relacionados coas mulleres na Historia.

Primeiro podedes descargar esta presentación que fai un percorrido por personaxes femininas que desempeñaron un papel importante en distintos períodos históricos: a soldadeira María Balteira, a almirante Isabel Barreto, a penalista Concepción Arenal, a pintora Maruxa Mallo…e outras non tan coñecidas como a futbolista Irene ou a xornalista Sofía Casanova: Mulleres

nosoutras podemos

Tamén tedes dous textos. Un pequeno texto informativo sobre Exeria, a intrépida viaxeira da Idade Antiga e un artigo de Manuel Rivas sobre Elisa e Marcela, unha parella de mozas lesbianas que tivo que facer fronte á sociedade reaccionaria e maliciosa de comezos do século XX.

Exeriaelisa-y-marcela_300-1928   

Finalmente, tamén vos deixo a ligazón a un documental de Antón Reixa que analiza a figura de Maruxa Mallo.