Unha cincenta moderna

Imos comezar cunha historia. A de Cincenta. Pero non nos imos fixar nos zapatiños de cristal, nin na cabaza que se transforma en carruaxe, nin no príncipe azul. Imos prestar atención á cantidade de tarefas que Cincenta ten que facer antes de asistir ao baile. Fregar, limpar, pasar o ferro, cociñar, barrer, volver fregar, volver limpar… Lóxicamente, cando é a hora de ir ao baile, que é o que realmente lle fai ilusión, Cincenta está tan cansa que precisa da axuda máxica da fada madriña. Sen esta axuda, quedaría na casa, derreada, estresándose
por todo o que aínda lle queda por facer e todo aquilo para o que non vai ter tempo.
Pois ben, nós non somos moi diferentes de Cincenta.

Preme aquí para ler todo o texto e ver as actividades correspondentes.

Máis textos xornalísticos

O outro día viamos na aula que os textos xornalísticos conforman unha tipoloxía textual moi diversa.

Tras ver exemplos de novas, crónicas e reportaxes, agora é a quenda das entrevistas, os artigos de opinión, as recensións e mailas cartas ao director.

  • Entrevista: texto en que aparecen as respostas que unha persoa dá ás preguntas dun xornalista nunha conversa. Por suposto, non só hai entrevistas na prensa escrita senón que podemos atopar entrevistas radiofónicas ou televisas. Aquí temos algúns exemplos:

entrevista    * Para saber máis sobre Voces Ceibes preme aquí e para escoitar unha mostra de canción protesta en galego aquí.

  • Artigo de opinión: texto no que o autor (normalmente alguén recoñecido) expresa e argumenta a súa opinión sobre un tema en concreto. Nestes casos, a temática pode ser moi diversa, tratando temas de actualidade ou do interese persoal do autor. Trátase de textos parcialmente subxectivos e moi libres en canto á linguaxe e á estrutura.

A continuación podes consultar dous exemplos tirados da columna de Miguel Anxo Murado no xornal La Voz de Galicia.

artigo_opinion  artigo_opinion

  • Recensión: texto no que se fai unha análise dunha obra de recente publicación. Aínda que tradicionalmente o concepto de recensión estaba unido ao mundo da literatura, hoxe en día podemos atopar recensións ou críticas de álbums de música, restaurantes, filmes e…mesmo aplicacións para o móbil!

rencesion

  • Carta ao director: texto argumentativo no que os lectores manifesta a súa opinión sobre diversos temas. Adoitan ser informais e breves. Aquí tedes un exemplo:

carta_director

A ruta Xacobea

Denomínase Camiño de Santiago ao conxunto das vías de acceso que os peregrinos poden percorrer para chegar ata a catedral de Santiago de Compostela, onde supostamente residen os restos do Apóstolo.

Foi no século IX cando se descubriu o corpo e dende entón Galicia converteuse nun centro de peregrinación para toda a cristiandade, sendo unha vía de penetración para correntes culturais, como aconteceu no caso da lírica provenzal, así como unha fonte de ingresos que fixo que a cidade florecera.

Ruta Xacobea

Phubbing, cando prefires o teu smartphone á xente que te rodea

Déixovos aquí a ligazón ao artigo da Disquecool que limos na aula sobre phubbing, ese fenómeno tan en voga que consiste en ignorar aos que te rodean para dedicarse a enredar co móbil. Recoméndovos visitar a páxina web http://stopphubbing.com, que aínda que estea en inglés, ten un montón de materiais orixinais para poñer freo a esta epidemia.

Ciclo de cine (2ª parte)

Este vindeiro xoves día 12 proxectaremos dentro do cicle de cine o filme O apóstolo (2012). Neste documento en pdf podes ler un artigo relacionado coa película e os seus exercicios correspondentes: O Apóstolo entra na selección para candidatas ao Óscar.

Aquí vos deixo o tráiler da película:

Lembrade tamén que se proxectará previamente unha curta sobre os percebeiros dirixida por David Beriain: Percebeiros (Sea Bites).

E dúas tiras cómicas para rematar:

Percebeiros   Años_anos