O antepretérito

O antepretérito é o último dos tempos de indicativo que imos ver.

Caracterízase polas seguintes terminacións:

  • – AR: -ara, -aras, -ara, -aramos, -arades, -aran.
  • -ER: -era, -eras, -era, -eramos, -erades, -eran.
  • -IR, -ira, -iras, -ira, -iramos, -irades, -iran.

Este tempo emprégase para falar de acontecementos que tiveron lugar antes do pretérito.

Por exemplo: Cando cheguei (pretérito) á estación, o tren xa marchara (antepretérito).              Neste caso imaxinemos que nós chegamos á estación ás 12 e o tren saíu ás 11.

Pretérito ou imperfecto de subxuntivo

Agora xa que coñecemos como funcionan todos os tempos do modo indicativo, podemos afondar un pouco máis nos tempos de subxuntivo. De momento vimos o presente de subxuntivo e os seus usos (preme aquí ou aquí para ler máis información) e agora é a quenda do pretérito (tamén chamado imperfecto) de subxuntivo.

Trátase dun tempo que se caracteriza pola terminación -ase/ese/ise (por exemplo: cantase, comese, vivise). Tede moito coidado porque aínda que en castelán o imperfecto de subxuntivo admita dúas formas (cantara/cantase), en galego son dous tempos distintos:

  • Antepretérito de indicativo: cantara (Ex: Tanto cantara a noite anterior, que agora lle doía a gorxa) = FEITO
  • Pretérito de subxuntivo: cantase (Ex: Se cantase mellor a xente viría aos meus concertos) = HIPÓTESE

prete_imperfecto_subx  USOS DO Imperfecto de subxuntivo

preterito_anteprerito    o peor sabado

imper_sux

O antepretérito

Ata o de agora sabíamos como empregar os seguintes tempos verbais: o presente, o pretérito, o copretérito, o futuro e o pospretérito, todos eles tempos de indicativo. Agora, antes de poñer fin a este semestre, é a quenda do antepretérito, o último tempo que nos queda por coñecer do modo indicativo. Aquí embaixo tedes o material relacionado con el.

Antepreterito_1Antepreterito_2Antpreterito_3

Non esquezades que o día 31 é a data da proba final, que constará de contido gramatical e cultural, así como dun pequeno exercicio de audio.  Por outra parte, o día 29 teredes que expoñer as vosas presentacións orais sobre o libro de lectura obrigatoria.