Máis actividades sobre o pretérito

Antes de pasar a un novo tempo verbal, cómpre coñecer a fondo o pretérito. Aquí tes unha actividade que che permitirá comprobar se dominas este tempo:

completa.png

Tamén vos deixo a canción e a letra do tema Non todo é o que parece  do grupo Aerolíneas Federales co que traballamos na aula.

O pretérito

Agora que xa dominamos o presente, chega o momento de aprender a expresarnos en pasado. O principal tempo de pasado é o copretérito, que serve para relatar accións que xa aconteceron (sen importar se foi onte ou hai un ano). Lembrade, que ao contrario que ocorre en castelán, en galego non existen os tempos compostos, polo tanto, non importa se a acción ten ou non relación co presente.

En castelán:

Esta mañana he desayunado un zumo de naranja y una taza de leche = PRETÉRITO PERFECTO COMPOSTO

Ayer desayuné un café con tostadas = PRETÉRITO PERFECTO  SIMPLE

 

En galego = PRETÉRITO

Esta mañá almorcei un zume de laranxa e unha cunca de leite.

Onte almorcei un café con torradas. 

 

Aquí tedes o paradigma do pretérito e algúns exercicios:

Pretérito O pretéritoPasado_conectorespasado_exercicios

Entrevista para facerlle ao compañeiro e practicar o pretérito

Preme aquí para escoitar a canción: http://www.youtube.com/watch?v=9GAYGRxrtG8 

historia_amorbiografia

Os alimentos

Comezamos un tema novo falando de comida e de hábitos e gustos alimentarios. Aquí podedes consultar as fichas que vimos na aula.

Na primeira imaxe podedes ler a carta dun restaurante na que se ofrecen pratos típicos de Galicia como caldo, polbo á feira, xoubas con cachelos ou torta de queixo.

Carta_restaurante

Esta segunda imaxe recolle distintos diálogos que poden servirnos para falar dos nosos gustos. Por exemplo:

– Gústache a comida picante?

– A min si.

– Que ben, a min tamén!

Gustos_pronomes

Tamén se recolle nesa imaxe o uso dos pronomes, que xa sabedes que en galego van por norma xeral detrás do verbo, pero que con oracións negativas van antes del. Por exemplo:

– Comes algas?

– Si, cómoas. E ti comes algas?

– Non, eu non as como. 

Finalmente, na terceira imaxe, tedes un resumo das regras de formación de plural e un exercicio para aplicalas.

Formación_plural_alimentos

De propina unha canción de Miguel Costas e Aerolíneas Federales que tamén fala dun alimento, nesto caso, o xamón.

No seguinte documento podedes consultar a letra: Quero_xamón