actividades
Do estilo directo ao indirecto
Máis material
Máis actividades sobre o pretérito
Antes de pasar a un novo tempo verbal, cómpre coñecer a fondo o pretérito. Aquí tes unha actividade que che permitirá comprobar se dominas este tempo:
Tamén vos deixo a canción e a letra do tema Non todo é o que parece do grupo Aerolíneas Federales co que traballamos na aula.
As rutinas
Para falar das accións que realizamos cada día, é preciso coñecer certos verbos e conectores. Ademais, podemos concretar esa información engadindo as horas ou os días da semana.
Aquí tedes materiais que vos poden axudar para falar das vosas rutinas.
- Presentación sobre o tempo: as horas, os días da semana, os meses…
A cincenta moderna e máis viñetas
Déixovos aquí o texto e as actividades cos que traballamos onte na aula sobre o estrés que nos provoca a inesgotable lista de quefaceres á que nos enfrontamos día tras día. Lembrade, que para construír o imperativo formal dirixido a vostede/vostedes, cómpre empregar as formas de presente de subxuntivo que xa coñecemos.
Tamén podedes descargar aquí a actividade sobre as viñetas vista na aula. E nesta ligazón atoparedes a ferramenta para crear os vosos deseños. Aquí tedes un exemplo dos resultados:
Actividades para a Pascua
Durante estas vacacións de Semana Santa houbo que traballar na casa cunha serie de exercicios nos que se mesturaba a literatura medieval, os Séculos Escuros, Rosalía de Castro, as viñetas e un texto divulgativo sobre a cincenta moderna. Podes premer na seguinte ligazón para descargalas.
Actividades e xogos
Aquí podedes atopar algunha das actividades introductorias que fixemos estes días:
- Xogos e actividades de repaso
- Oficina de obxectos perdidos, a partir do texto de Séchu Sende
E un pouco de humor para comezar o semestre!
Viñetas na aula
Os textos descritivos (2ª Pt.)
- Para consultar a escolma de textos descritivos e os exercicios que traballamos na aula, preme aquí