Historia de Galicia

Estes días, ademais de seguir afondando nas diferenzas que existen entre o pretérito e o copretérito, continuamos falando do pasado de Galicia. Aquí tedes algúns dos materiais que vimos na aula:

historiagalicia_franquismo

  • Lembrade tamén que hai infinidade de material na rede para coñecer máis sobre a Historia de Galicia. Déixovos aquí o documental sobre a 2ª República do que falamos. Coido que pode ser útil para contextualizar un pouco máis o relato de A lingua das bolboretas.

A lingua das bolboretas

Lembrade que tedes ata o 31 de maio para entregar o traballo sobre o relato A lingua das bolboretas, a lectura obrigatoria de Galego II. Aquí podedes desacargar a guía de lectura coas actividades correspondentes.

treinta-anos-2

Don Gregorio é un mestre moi diferente.

 

Programa da materia: Galego II

Nesta ligazón podedes descargar o programa da materia Galego II. Fixádevos na data de entrega dos distintos traballos e tamén na data do exame: 9 de xuño.

Lembrade, ademais, que haberá un libro de lectura obrigatoria: A lingua das bolboretas, sobre o que haberá que realizar un pequeno traballo (data de entrega: 2 de xuño).

A portada do libro e o seu autor, Manuel Rivas.

A portada do libro e o seu autor, Manuel Rivas.

A lingua das bolboretas

O grupo de Galego II tiña prevista a lectura da novela Peaxes, pero finalmente a obra escollida para o traballo de fin de semestre será   o libro A lingua das bolboretas (Galaxia, 2005), un relato escrito por Manuel Rivas e ilustrado por  Miguelanxo Prado.

A obra está dispoñible na biblioteca do departamento e tamén vos darei fotocopias na aula.

Aquí tedes a guía de lectura coas preguntas que teredes que responder para facer o traballo.

Tedes de prazo ata o 10 de xuño para entregalo.

 

A represión lingüística

Hoxe falamos na aula de como era Galicia durante o franquismo. Preme na imaxe para ver os exercicios.

galicia_franquismo

Como podemos comprobar, ademais de outras moitas liberdades,  tamén estaba prohibido ensinar galego. Aínda que hai que afirmar que non houbo ningunha lei específica do Estado que perseguise o galego, o que si houbo foi unha campaña para fomentar e dar prestixio ao uso do castelán, o que a súa vez promovía na conciencia social unha infravaloración do idioma galego.

sea_patriota

Un dos bastións fundamentais que o franquismo quixo destruír foi o da cultura. Todos os intelectuais, pintores, escritores, mestres…foron os primeiros destinatarios da represión franquista. Esta obra gráfica de Castelao (A derradeira lección do mestre) expresa esta filosofía do terror. Por outra banda, os mestres que exercían explicaban en castelán a uns rapaces que falaban integramente en galego. Cada vez que a un alumno se lle escapaba unha palabra en galego, este ere castigado ou era motivo de mofa por outros compañeiros. Neste ambiente, os rapaces medraban entendendo que o galego estaba ben para falar na casa, para xogar a pelota no recreo pero non para empregar na escola, na igrexa ou en calquera ámbito formal.

Aquí tedes o  testemuño en vídeo dunha muller que viviu esa represión e ridiculización na escola durante a época franquista.

Para rematar, déixovos un framento de A lingua das bolboretas (relato de Manuel Rivas) no que precisamente se trata o tema da escola e dos mestres dunha perspectiva infantil e inocente durante a 2ª República.