Actividade complementaria

Como xa sabedes, a semana pasada celebramos a X edición das Xorndas Iberorrománicas na Universidade de Zádar. Para aquelas alumnas que non puideron asistir, aquí tedes unha actividade complementaria, centrada na tradución de poesía do croata ao galego e viceversa. Preme aquí para ver ou descargar o documento.

Historia de Galicia

Estes días, ademais de seguir afondando nas diferenzas que existen entre o pretérito e o copretérito, continuamos falando do pasado de Galicia. Aquí tedes algúns dos materiais que vimos na aula:

historiagalicia_franquismo

  • Lembrade tamén que hai infinidade de material na rede para coñecer máis sobre a Historia de Galicia. Déixovos aquí o documental sobre a 2ª República do que falamos. Coido que pode ser útil para contextualizar un pouco máis o relato de A lingua das bolboretas.

Os Séculos escuros

Preme aquí para ver ou descargar a presentación sobre os Séculos escuros.

Relacionado con este tema, podemos ler este fragmento do ensaio Sempre en Galiza de Castelao, onde se reflicte sobre ese proceso de castelanización que tivo lugar dende o final da Idade Media.

“E diríalles máis: prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas ¿E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.”

Tamén pode ser interesante consultar esta unidade didáctica sobre a castelanización da toponimia galega.

Finalmente deixo un fragmento e as preguntas que tedes que responder con respecto ao documental Fronteiras, que veremos na aula o vindeiro martes.

fronteiras.png