As cantigas de escarnio e maldicir

Aquí tedes o material sobre o grande terceiro grupo de cantigas profanas: as de escarnio e maldicir.

cantiga.jpg

Tamén deixo aquí o documento que vimos na aula sobre o romance de Don Gaiferos e a interpretación de Luar na Lubre.

 

 

As cantigas relixiosas

As Cantigas de Santa María poden ser narrativas: narran un milagre da virxe, como a que colocamos a continuación. Obsérvense as ilustracións que son as orixinais coas que o códice foi ilustrado por orde de Afonso X.

Pola contra, as cantigas líricas ou de loor son as que aparecen con intención de gabar ou louvar á Virxe sen máis e presentan un contido máis lírico e semellante ás cantigas de amor. Véxase este exemplo:

Podedes ler aquí os textos correspondentes a estas dúas cantigas ou atopar máis información, tedes a base de datos das cantigas da Universidade de Oxford.

Tamén tedes aquí unha pequena axuda para comprender mellor a diferenza entre rima asoante e consoante.

rima.jpg

Cantigas de amor e de amigo

Canción de Amancio Prada sobre unha das cantigas de amor traballadas na escolma:

 

E outra canción máis, esta vez sobre unha famosa cantiga de amigo de Martín Códax:

Slide1Slide2Slide3

Slide4

Panorámica da literatura galega

Como xa sabedes, este semestre a materia de Galego VI estará centrada na literatura. Pero antes de afondar nos distintos autores e movementos da literatura galega, convén ter unha visión xeral. Así que nesta ligazón podedes consultar un esquema xeral.

Lembrade tamén que hai numerosos recursos en internet que vos poden axudar.

historia