O nudismo nas praias galegas

O outro día escoitabamos na aula esta entrevista na que se falaba sobre o nudismo e se facían reivindicacións ao respecto.

Podes ver este vídeo para descubrir máis sobre o tema.

E lembrade que o vindeiro día 12 é a data de entrega da primeira composición escrita do semestre.

tarefa_escrita.png

 

Material presente de subxuntivo

Nesta entrada podedes ver e descargar todo o material co que estamos traballando na aula para poñer en práctica o tempo de presente de subxuntivo. Se precisas saber máis sobre a teoría, podes atopar información aquí.

reinvidacic3b3nspreguntas_animaispreocupacic3b3ns_enquisaEsmanifestacic3b3ns

valoracions_1.jpg

Presente de subxuntivo

En galego existen tres modos verbais: o indicativo, o imperativo e o subxuntivo. Destes, xa coñecemos ben a fondo os dous primeiros, así que agora nos imos centrar no modo de subxuntivo. Antes de nada, cómpre aclarar a oposición que existe entre indicativo e subxuntivo mediante os conceptos de aserción/non aserción. Para ler máis sobre isto, preme nesta ligazón.

Subxuntivo

Aparte disto, como xa vimos na aula, hai unha serie de intencións comunicativas e conectores que adoitan esixir a presenza do subxuntivo.

presente_subxuntivo

presente_subxuntivo

Unha cincenta moderna

Imos comezar cunha historia. A de Cincenta. Pero non nos imos fixar nos zapatiños de cristal, nin na cabaza que se transforma en carruaxe, nin no príncipe azul. Imos prestar atención á cantidade de tarefas que Cincenta ten que facer antes de asistir ao baile. Fregar, limpar, pasar o ferro, cociñar, barrer, volver fregar, volver limpar… Lóxicamente, cando é a hora de ir ao baile, que é o que realmente lle fai ilusión, Cincenta está tan cansa que precisa da axuda máxica da fada madriña. Sen esta axuda, quedaría na casa, derreada, estresándose
por todo o que aínda lle queda por facer e todo aquilo para o que non vai ter tempo.
Pois ben, nós non somos moi diferentes de Cincenta.

Preme aquí para ler todo o texto e ver as actividades correspondentes.