Pronomes en función de CD

Xa coñecemos os pronomes persoais na forma de suxeito: eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas. Tamén xa falamos das formas de cortesía: vostede/vostedes, que aínda que se refiran ás segundas persoas, esixen a colocación do verbo en terceira.

Pero como vimos na aula, os pronomes non sempre desempeñan a función de suxeito. Neste caso imos centrarnos nas formas dos pronomes persoais en función de CD, iso é, complemento directo.

Como podedes ver no cadro a continuación e nesta presentación, dependendo do contexto fonético van aparecer distintas formas destes pronomes.

pronomes_esquema.png

Na consulta médica

Nas últimas semanas estivemos traballando co léxico sobre o corpo, as doenzas e os medicamentos que podemos empregar para remedialas.

Ademais, tamén aprendimos como empregar o modo imperativo en afirmativo para as persoas ti /vós e vostede/vostedes, así como a dar consellos de distintos xeitos.

Aquí tedes o material que empregamos na aula. Non esquezades que o vindeiro xoves teremos unha proba de comprensión oral relacionada con estos temas e máis unha proba de expresión oral, na que teredes que recrear unha situación comunicativa na consulta médica.

corpo_imperativoximnasia

imperativo_preguntas_introximnasia_preguntas

doencias  Remedios_naturais

CONSELLOS_ORDES