A cincenta moderna e máis viñetas

Déixovos aquí o texto e as actividades cos que traballamos onte na aula sobre o estrés que nos provoca a inesgotable lista de quefaceres á que nos enfrontamos día tras día. Lembrade, que para construír o imperativo formal dirixido a vostede/vostedes, cómpre empregar as formas de presente de subxuntivo que xa coñecemos.

Tamén podedes descargar aquí a actividade sobre as viñetas vista na aula. E nesta ligazón atoparedes a ferramenta para crear os vosos deseños. Aquí tedes un exemplo dos resultados:

vineta_panda

A poesía

  • A primavera: preme aquí para ler máis sobre refráns da primavera e haikus.
  • Poemas: breve escolma de poemas, onde atopar textos de Fran Alonso, Antonio Teijeiro, Manuel Rivas ou Rosalía.

Non esquezades escribir o voso poema para a festa da primavera, ou en caso de non virdes, enviarmo por correo.

O venres pola noite escolleremos o gañador!

Actividades e xogos

Aquí podedes atopar algunha das actividades introductorias que fixemos estes días:

E un pouco de humor para comezar o semestre!

                                              Unha viñeta de Luis Davila sobre o famoso vestido