Xentilicios e profesións

Para dar información sobre a nosa procedencia e profesión, temos que coñecer certo vocabulario. Aquí podedes atopar distintos materias que vos poden servir de axuda.

femininos_xentilicios

Por exemplo, aquí temos unha veterinaria, un pintor e un fontaneiro.

Programa da materia

Ola a todas! Aquí podedes descargar o programa da materia de Galego I para o ano 2014/2015.

Como podedes ver, é obrigatorio asistir e participar na aula. Ademais, haberá unha serie de exercicios e unha proba final das que se tirará a vosa puntuación final. Esa proba realizarase o 27 de xaneiro no horario de aulas habitual.

Tamén vos deixo un pequeno mapa coas linguas que se falan na península Ibérica. Lembrade que todas, agás o éuscaro, son linguas iberorrománicas e proceden do latín.

mapa_linguas