A lírica medieval

Como xa sabedes, este semestre combinaremos aulas sobre literatura coa lectura de artigos xornalísticos e outras actividades.

Aquí tedes a presentación introdutoria, coa delimitación da etiqueta literatura galega e a división en períodos que imos seguir: Historia da Literatura galega

Tamén vos deixo a primeira das presentacións, que trata sobre o contexto no que florece a lírica medieval, a influencia de Provenza e os trazos definitorios das cantigas de amor e de amigo respectivamente: Idade_Media

Para ver os exemplos de cantigas de amigo tratados na aula, preme no seguinte documento: Cantigas_amigo

Sistema de avaliación (Galego VI)

Xa podedes consultar o programa da materia Galego VI: Sistema_avaliacion_Galego_VI

Lembrade que a asistencia ás aulas é obrigatoria, así como a entrega dos exercicios marcados no programa.

Calendario de tarefas:

  •        9 de abril: Entrega da primeira redacción
  •        21 de maio: Exposición oral
  •        4 de xuño: Entrega da segunda redacción
  •        11 de xuño: Entrega da recensión sobre Poetízate de Fran Alonso
  •        12 de xuño: Proba final