O pospretérito

Tralo imperativo, esta última semana foi a quenda de repasar un novo tempo verbal: o pospretérito ou condicional.

Este tempo emprégase principalmente para formular hipóteses con respecto ao futuro ou para dar consellos.

Ex: Se tivese moitos cartos, mercaría unha illa no Caribe.//Eu no teu lugar contaría a verdade. 

Como podedes ver, este tempo caracterízase pola terminación -ría.

Pospreterito

O pospretérito tamén ten outros valores, como o de cortesía: Podería darme dous quilos de tomates?

Aquí vos deixo algúns exercicios para poñer en práctica o aprendido.

Exercicios_pospreterito

Ciclo de cine (2ª parte)

Este vindeiro xoves día 12 proxectaremos dentro do cicle de cine o filme O apóstolo (2012). Neste documento en pdf podes ler un artigo relacionado coa película e os seus exercicios correspondentes: O Apóstolo entra na selección para candidatas ao Óscar.

Aquí vos deixo o tráiler da película:

Lembrade tamén que se proxectará previamente unha curta sobre os percebeiros dirixida por David Beriain: Percebeiros (Sea Bites).

E dúas tiras cómicas para rematar:

Percebeiros   Años_anos

O imperativo: as receitas

As indicacións para preparar unha receita conforman un dos tipos de textos nos que se emprega o modo imperativo de maneira habitual. A seguir tedes no documento un exemplo sobre como preparar empanada de millo con berberechos: Receita_imperativo

empanada_millo

Tamén vos deixo a ligazón a un vídeo dun programa de cociña da Televisión de Galicia (TVG): Larpeiros.

Neste fragmento do vídeo van preparar crema de cabazo. Estes son os ingredientes necesarios: aceite, cabazo, cebola, patacas, porro e caldo feito coa carcasa dunha galiña ou un polo. Que aproveite!

O imperativo: a publicidade

Estes días rematamos o bloque dedicado ao modo verbal de imperativo, que pode empregarse por exemplo, para explicar como se fai unha receita, para dar instrucións sobre como xogar a un xogo, no prospecto dun medicamento, nun caixeiro automático, no slogan dun anuncio…

Neste documento tedes algúns exercicios para poñelo en práctica: Imperativo_exercicios

E aquí tedes algúns anuncios de televisión cuxos slogans empregan este modo verbal.

Ciclo de cine en galego

Como xa fun anunciando estes días nas aulas, neste mes de decembro celebrarase un ciclo de cine en lingua galega. Durante todos os xoves lectivos deste mes, proxectaranse unha curta e un filme relacionados con Galicia ou en lingua galega. Comezamos o xoves 5 de decembro coa curta Anacos de Xacio Baño e o filme Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar. A proxección terá lugar no DHM ás 6 da tarde. Estades todos convidados. Haberá flocos de millo (a.k.a. kokice).

Aquí vos deixo o cartel do evento e máis o tráiler da curta e da película deste vindeiro xoves.

Cartel_cine

O imperativo

O imperativo é o modo verbal que empregamos principalmente para dar ordes e instruccións. Exemplos:

  • Le un artigo e fai un resumo de 200 palabras.
  • Mestura a fariña cos ovos e engade o azucre.
  • Por favor, non esqueza os seus obxectos persoais no tren.

Como vedes, o imperativo presenta só dúas persoas: a segunda de singular (ti/vostede) e a segunda de plural (vós/vostedes).

Para saber como se forma o imperativo e facer algúns exercicios, preme na imaxes:

ImperativoImperativo_exercicios

 

De propina, e xa que na aula estivemos falando do turrón, os costumes de Nadal e os slogans publicitarios, déixovos un anuncio dunha marca de turrón. Desculpade que estea en castelán, pero non o dei atopado en galego:

Gramática básica: xénero e número

Hoxe toca sesión de gramática. Imos repasar dous conceptos básicos: o xénero e o número. Polo xeral cando falamos destes conceptos estamos a referirnos aos substantivos, que poden ser masculinos ou femininos (segundo o xénero) e singulares ou plurales (segundo o número). Os adxectivos e artigos adoptan o xénero e o número do substantivo ao que acompañan. Lembrade que en galego non existe o xénero neutro, como acontece en croata ou noutras linguas eslavas.

Na imaxe figuran a regras que vos axudarán a discernir se unha palabra é de xénero masculino ou feminino. Amais, tamén atoparedes as regras para a formación do feminino e a formación do plural.

Aquí tedes uns exercicios para poñer en práctica o aprendido.

Xénero_Número

O futuro

Para indicar que unha acción se vai realizar no futuro podemos empregar principalmente o futuro de indicativo ou ben as perífrases verbais de futuridade: haber + infinitivo e ir + infinitivo. 

Exemplos: Nadarei todos os días media hora.//Hei comer máis froitas.//Vou beber moita agua. 

O futuro fórmase normalmente engadindo as terminacións: -ei, -ás, -á, -emos, -edes, -án. 

Para máis información e exercicios, preme nas imaxes:

FuturoFuturoA_galleta_sorteNumeroloxia