Día do Libro en Zadar

Con motivo da celebración do Día do Libro o pasado 23 de abril, o departamento de Linguas Iberorrománicas da Universidade de Zadar organizou unha lectura pública de poesía no centro da cidade.

Para conmemorar esta xornada, dúas alumnas de cada unha das linguas iberorrománicas que se ensinan na nosa Universidade (galego, catalán, castelán e portugués) recitaron en distintos puntos da cidade unha serie de poemas nas súas linguas respectivas e regalaron rosas aos viandantes, seguindo a tradición de Sant Jordi.

Libros_galego      _MG_0106

_MG_0109     _MG_0111

_MG_0120      _MG_0121

_MG_0123      can

_MG_0105      Bici

can_señora    Home

Homes     Lixo

Quijote      _MG_0101

Tina              _MG_0127

Comparativas e conectores

Como sabedes, este vindeiro martes hai que entregar a primeira redacción obrigatoria do semestre: A vida no campo fronte a vida na cidade.

Para facer unha redacción deste tipo é  moi importante coñecer os conectores, esas palabras que serven para cohesionar o texto, e mais as estruturas comparativas, para contrastar información sobre dous elementos diferentes.

Premede nas imaxes para ler máis información e ver exemplos.

ConectoresComparativas Exercicios_comparativas

 

Tamén tedes aquí un documento con máis exercicios de comparativas.

As partes do corpo

Para aprender as partes do corpo, aquí tedes este artigo sobre exercicios para relaxarse na oficina.

Como podedes ver, menciónanse distintas partes: xeonllos, pernas, cabeza, mans, pés, cóbados… Tamén vos deixo logo un pequeno debuxo para completar e un cadro cos distintos usos cos que podemos empregar o imperativo, que tamén aparece no texto.

XimnasiaCorpo_imperativo

Por outra banda, tralo exercicio de hoxe sobre empresas galegas, deixo aquí dúas fotografías: unha de figuras de porcelana de Sargadelos e outra de pezas de roupa de Bimba y Lola.

              

Variacións na terceira persoa do pronome átono

Agora que xa sabemos como se colocan os pronomes átonos e que dependendo da función que cumpran haberá que empregar unha forma ou outra (o/a/os/as para CD e lle/lles para CI), imos ver as súas variacións.

O primeiro é saber que só os pronomes de terceira persoa en función de complemento directo (acusativo) poden presentar variacións. Polo tanto, só o/a/os/as presentan estas alternancias: lo/la/los/las e no/na/nos/nas.

Preme na imaxe para ver  a teoría cos exemplos correspondentes:

Pronomes