Audio: presentacións

Aquí tedes tres arquivos de audio no que tres rapazas van presentarse e describir as súas afeccións. Na imaxe tedes o resto da información, un exercicio para unir cada descrición coa fotografía que corresponda e un exercicio para expresar a vosa opinión sobre a súa personalidade.

Audio:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio8.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio9.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio10.wma

Presentacións

Describir unha persoa

Para a redacción que teredes que entregar a próxima semana seravos útil o léxico relacionado coa descrición dunha persoa, ben sexa para describir o aspecto físico ou a personalidade e os gustos.

Aquí tedes dos PowerPoints que recollen ese vocabulario: O aspecto físico e A personalidade.

Tamén vos deixo o exercicio que fixemos sobre os anuncios de buscar parella. Son dous bos exemplos de descricións.

Parella

A familia

Aquí tedes o PowerPoint correspondente ao léxico dos parentescos. Lembrade tamén algunhas palabras menos frecuentes, pero que tamén vimos na aula, como por exemplo: padrasto/madrasta ou medio irmán/media irmá.

Así como os adxectivos para falar do estado civil: solteiro/solteira, casado/casada, divorciado/divorciada, viúvo/viúva, con mozo/moza, noivo/noiva ou o termo máis ambiguo parella.

Descargar presentación: A familia

Modern Family

Vocabulario sobre profesións e afeccións

Aquí tedes dous PowerPoints con vocabulario útil para falar do que vos gusta e explicar a que vos dedicades.

Xa sabedes as preguntas: Que fas?//En que traballas?//A que te dedicas?//Cal é a túa profesión?//Cal é o teu traballo?

E para os gustos e as afeccións: Que che gusta?//Que non aturas?//Que odias?

Afecccións e gustos

Traballos e profesións

Tamén poderedes descargar aquí (Gustar e exercicios repaso) material para lembrar o que vimos ata o de agora e unha explicación do verbo gustar.

Vexamos un caso práctico: A que se dedica este home?

informatico

Deportista? Non creo… Exacto! É informático.

Xentilicios e numerais cardinais

Ola!

Hoxe vimos o vocabulario necesario para acabar de responder ás preguntas persoais máis básicas:

De onde es? Onde vives? Cantos anos tes? Cal é o teu número de teléfono?

De quen vés sendo

Para iso precisamos coñecer os xentilicios e os números. Aquí vos deixo o material que empregamos na aula cos xentilicios máis comúns e unha listaxe para aprender a formar os números de cero a un millón.

Xentilicios e Os numerais cardinais

Tamén podedes descargar o PowerPoint de xentilicios, que inclúe exemplos dalgunhas das nacionalidades máis coñecidas.

Verbos básicos, colocación dos pronomes e números

Hoxe na aula vimos o verbo ser e o chamarse. Ollo á colocación dos pronomes. Xa sabedes: en galego, por regra xeral, sempre van detrás do verbo (Ex: chámome…). Tamén atoparedes as excepcións máis importantes a este regra, a saber:

1. O pronome colócase antes do verbo en frases introducidas por pronomes interrogativos. Ex: Como se chama?

2. O pronome colócase antes do verbo en frases negativas. Ex: Ela non se chama Ivana. 

3. O pronome colócase antes do verbo en frases subordinadas que veñen introducidas por nexos como que.

Ex: Creo que se chama Marta. 

Por outra banda, no documento tamén figuran os números, máis exercicios de presentación e alfabeto e o verbo vivir e estar. Nos vos preocupedes que habémolo explicar todo na aula.

Documento da aula do 17.10.2013

Aburiño!

O alfabeto e as fórmulas de presentación

Aquí podedes atopar un documento co alfabeto, os dígrafos e algunhas grafías estranxeiras que tamén empregamos. Lembrade que no galego aínda que temos 5 vogais, existen 7 fonemas vogálicos, pois hai que contar co e e o o abertos.

Amais, tamén vos deixo un documento con saúdos típicos, fórmulas de presentación e preguntas que poden resultar útiles para sobrevivir en Galicia.

Aburiño!

Material de descarga:

Alfabeto e outras grafías

Saúdos e fórmulas útiles