Aquí podes consultar e descargar os materiais sobre o futuro. Lembra, que existen distintos xeitos de expresar futuridade:
- Mediante o futuro de indicativo: Mañá faremos un exame de galego. O sábado que vén celebrarei unha festa.
- Mediante perífrases verbais:
a. Presente do verbo Ir + infinitivo: Este verán ides traballar nun restaurante. Vou mercar un coche novo.
b. Presente do verbo Haber + infinitivo: Hei preparar unha torta para o seu aniversario. Has aprobar a materia.