Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, estivemos traducindo nas aulas de Galego IV e Galego VI dous poemas que se repartirán ese día pola rúa: un de Manuel Rivas (A leiteira) e outro de Yolanda Castaño (Mazás do xardín de Tolstoi).
Aquí podedes ver as dúas versións e mailos textos orixinais:
Leiteira_Mlijekarica e Yolanda Castaño_Jabuke iz Tolstojevog vrta

O cadro de Johannes Vermeer que serve de inspiración a Manuel Rivas

A praia de Jurmala (Letonia), onde Yolanda Castaño síntese como na casa
Prezados amigos e amigas:
Foi unha marabillosa sorpresa atopar esta entrada que me fai sentir tan orgullosa… xusto ao chegar de volta a casa de Croacia! (https://www.facebook.com/goranovo)
Tiven a honra e o gusto de participar na 51ª edición do festival Goranovo Proljeće, que acaba de ter lugar entre Zagreb, Rijeka e Pazin, e volvín entusiasmada. O certo é que este mesmo poema tamén tiven a ocasión de recitalo ante o agarimoso público croata, canda a proxección dunha tradución a tal lingua a cargo de Marko Pogačar. Pero, dende logo, todas as traducións enriquecen a nosa escrita coma auténticos tesouros! Síntome moi agradecida por estoutra e douvos os meus máis cariñosos parabéns.
Hvala ljepa! 🙂
Yolanda Castaño
Moitísimas grazas polo teu comentario, Yolanda 🙂
Alégranos saber que desfrutaches da Primavera de Goran e agardamos verte de novo por terras croatas moi pronto. Sen dúbida, coma ti dis, cada tradución é un tesouro e por iso estamos desexosas de ler a tradución de Pogačar, da que seguro aprenderemos moito.
Unha aperta