O primeiro tipo de texto que imos ver este semestre é o texto descritivo, é dicir, aquel que serve para representar algo ou alguén mediante palabras, xa sean faladas ou escritas.
Segundo a intención e a finalidade do emisor podemos atopar:
a) textos descritivos obxectivos: non inclúen valoracións persoais e explican a realidade con exactitude.
b) textos descritivos subxectivos: comunican os sentimentos e emocións do emisor ou emisora sobre o elemento que describe.
Os textos descritivos caracterízanse por:
1. A presenza de numerosos adxectivos calificativos e substantivos.
2. A utilización de verbos copulativos (ser, estar, parecer) no canto de verbos de acción.
3. Os tempos verbais en presente de indicativo e copretérito. Ex: é, estaba, parecía, ulía, semellaba…
4. Estruturas comparativas. Ex: era tan fermosa como unha rosa en primavera.
5. A presenza de adverbios de lugar e unha certa organización da información segundo un criterio (espacial ou non)
Finalmente, xa sabedes que segundo a realidade descrita, podemos describir:
a) Obxectos
b) Lugares e ambientes: topografía
c) Realidades abstractas, como sentimentos, ideas…
d) Épocas ou feitos históricos: cronografía
e) Persoas: retrato (trazos físicos e psicolóxicos), prosoprografía (apariencia externa), etopea (personalidade), caricatura (esaxeración de certos trazos negativos).
Aquí tedes o PowerPoint e algún material de apoio sobre a tipoloxía textual que imos ver.