Hoxe na aula vimos o verbo ser e o chamarse. Ollo á colocación dos pronomes. Xa sabedes: en galego, por regra xeral, sempre van detrás do verbo (Ex: chámome…). Tamén atoparedes as excepcións máis importantes a este regra, a saber:
1. O pronome colócase antes do verbo en frases introducidas por pronomes interrogativos. Ex: Como se chama?
2. O pronome colócase antes do verbo en frases negativas. Ex: Ela non se chama Ivana.
3. O pronome colócase antes do verbo en frases subordinadas que veñen introducidas por nexos como que.
Ex: Creo que se chama Marta.
Por outra banda, no documento tamén figuran os números, máis exercicios de presentación e alfabeto e o verbo vivir e estar. Nos vos preocupedes que habémolo explicar todo na aula.
Documento da aula do 17.10.2013
Aburiño!