É fermoso

É fermoso respirar o aire da primavera no Soča
e mentres non estar de resaca.
absorber as pingas do manancial e entón correr nelas.
é fermoso sentirse ben. ter forza
para calquera tipo de fe que non perxudique a ninguén,
polo tanto, non ter.
tamén é fermoso vivir na rúa do Bosut
e crer que existe.
cada mañá entrar na tenda e mercar o pan, comelo
sobre o xornal que atopaches no buzón.
é fermoso cando o correo te atopa e cando podes atopar o correo.
atopar é, en xeral, fermoso.
atopar un rostro familiar ao camiñar polo estadio
ou por unha universidade mala. burlarse é fermoso.
é fermoso atopar un punto.
o coitelo para untar que perdiches moito tempo atrás agora é sedoso.
un batallón de anxos desfilando baixan as súas orellas de ferro
e iso xa está no límite do horrible. todo está no límite do horrible,
e iso tamén é fermoso.
despegar a goma de mascar da sola dun zapato cómodo, o mal
que perturba o teu equilibrio e explica a gravidade.
Newton é fermoso. Brodski é fermoso.
as barricadas son o corazón da arte e son insobornables.
cando toca o punk perfecto cando se avista a Anna Karina cando se
eclipsa a lúa cando se izan as bandeiras cando se separa o mar morto. pasear é fermoso. afogarse.
o que para min é fermoso para outros é perigoso.
abafar porque o aire está cargado de piñeiros. falar croata.
patinar. tamén ao contrario.
son fermosas as ventás que podes abrir
e polas cales tocas as nubes. O Mosor é fermoso.
é fermoso camiñar, escalar e ter fe no cume, saber
o ano no que acabou a guerra cando é o día da liberacion respetar
o día da muller e o día da nai amar as violetas,
sacar a roupa. caer. estar seguro de que estás caendo, entón acordar de súpeto.
espertar. cortar. disparar innecesariamente longos refachos do teu nome,
ser sistematicamente tráxico.

Versión final da tradución do poema feita polas alumnas de Galego V.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s